miércoles, 17 de octubre de 2012

Información metereolóxica para móviles, MeteoSIX Mobile






A aplicación oficial para móbiles de MeteoGalicia pode descargarse de balde para dispositivos con Android ou para terminais móbiles de Apple, facilitando a consulta da información meteorolóxica de máis de 29.500 localidades e 800 praias.
Podendo tamén consultar a predición meteorolóxica dun punto determinado no mapa, amosando información detallada por hora para os vindeiros 3 días, con datos como a temperatura, o vento, as precipitacións, o estado do ceo, a humidade... facilitándonos a planificación da nosa actividade diaria en función do estado do tempo.









Predicción metereolóxica para o venres 19 de outubro en Melide, entre as catro e as sete da tarde.









Información desde a páxina oficial de Google Play :
https://play.google.com/store/apps/details?id=org.meteogalicia.meteosix.mobile
"Consulta información meteorolóxica e oceanográfica de MeteoGalicia xeolocalizada.
MeteoGalicia presenta MeteoSIX Mobile, a aplicación que lle permite acceder á predición meteorolóxica e oceanográfica para calquera punto de Galicia e arredores.
Busque calquera lugar (localidades ou praias) ou seleccione un punto arbitrario no mapa, en terra ou no mar, e obteña a predición para ese punto (a predición procede dos resultados dos programas de predición numérica de MeteoGalicia, sen supervisión humana)."



No hay comentarios:

Publicar un comentario