miércoles, 17 de octubre de 2012

Smartphone Asus convertible en tablet

Na entrada anterior falamos dun dispositivo barato pero nesta imos falar dun dispositivo bastante caro. Trátase da conxunción dun smartphone e unha tablet nun único dispositivo, o Asus PadFone 2, un dos móbil con Android máis potentes do mercado que pode introducirse nunha carcasa de tablet para poder empregase nunha pantalla táctil de 7 pulgadas, adaptándose a tal interface de uso mantendo os mesmos contidos e mellorando a súa autonomía.

O Asus Padfone 2 ten como corazón un móbil cunha pantalla Super IPS+ de 4,7 pulgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon S4 de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 32/64 Gb de almacenamento interno, cámara de 13 Mpíxeles con gravación de vídeo a 1.080p, conectividade LTE, NFC e unha batería de 2.140 mAh que permite unhas 16 horas en conversa (3G) e 13 horas de navegación web a través de Wi-Fi, que pode mellorar a súa autonomía ata 36 horas de conversa (3G) grazas á batería de 5.000 mAh que inclúe a carcasa que inclúe a pantalla de 7 pulgadas para convertelo nun tablet (e que tamén serve para cargar a batería do móbil).

Poderemos atopar o Asus Padfone 2 libre no seu modelo de 32 Gb de almacenamento interno por 799 euros, mentres que o modelo de 64 Gb custará 899 euros.
Para quen os teña...

No hay comentarios:

Publicar un comentario