jueves, 1 de noviembre de 2012

Conectividade PLC

"Esta solución conta con 2 elementos: un emisor PLC cun porto Ethernet que podemos conectar ao noso router, e un receptor PLC que conta con 3 portos Ethernet (o que facilitará a conexión de varios equipos ou de dispositivos como consolas de videoxogos e televisores) e punto de acceso Wi-Fi N (que funciona nas frecuencias de 2,4 e 5 GHz). Ambos terminais teñen toma de corrente, para non inutilizar o enchufe no que se conecten.
O dLAN 500 AV Wilreless+, como ben indica o seu nome, permitiría unha transferencia de datos bruta de 500 Mbps a través da rede eléctrica, mentres que a través de Wi-Fi permitiría velocidades de ata 300 Mbps. Resulta ideal para salóns ou despachos que estean a certa distancia do router con acceso á Rede, e ao contar con Wi-Fi permite achegar o acceso á Rede non só a ordenadores, televisores e consolas, senón tamén a smartphones, tablets e outros dispositivos móbiles, o que supón un bo xeito de espallar a nosa rede local."

Información sacada de  http://www.codigocero.com/Devolo-estrea-unha-nova-solucion

No hay comentarios:

Publicar un comentario