jueves, 1 de noviembre de 2012

Metedura de pata de Paula Vázquez

"A actriz e presentadora de televisión Paula Vázquez converteuse nas últimas horas na protagonista dun deses casos de famosos que pagan caro unha metedura de zoca en Twitter, pois a ferrolá publicou unha fotografía na que podía verse o seu número de teléfono , o que provocou unha vaga de chamadas de teléfono e mensaxes a través de WhatsApp, que non cesan pese a que a foto foi retirada.
Vázquez solicitou que deixaran de molestala por teléfono, pero ante a negativa por parte dos seus seareiros, optou por unha reacción infantil é incluso ilegal, pois está a publicar capturas de pantalla do seu móbil nas que poden verse os números de teléfono das persoas que intentaron contactar con ela telefonicamente, provocando unha polémica que a levou a converterse en Trending Topic e nun exemplo máis que empregarán nos relatorios de redes sociais sobre o que non debe facerse, xunto con anécdotas como as pirámides de David Bisbal ou as discusións de Alejandro Sanz."

Información sacada de  http://www.codigocero.com/Paula-Vazquez-publica-o-seu-numero

No hay comentarios:

Publicar un comentario