"O Diario de Pontevedra sorprende esta mañá cun titular en portada no que dan conta dunha estafa pola Internet que afectou ao Concello de Cerdedo, deixando a conta bancaria do Concello na sucursal de Novagalicia Banco de Terra de Montes a cero empregando técnicas de phishing suplantando a páxina web de entidade bancaria para facerse coas chaves de acceso para realizar transferencias os últimos 2 días.
Dende o consistorio pontevedrés deron conta do acontecido ás autoridades o que levou ao Grupo de Delitos Telemáticos da Unidade Central Operativa da Garda Civil a investigar o roubo realizado a través dos servizos de banca electrónica, e que podería ser dun importe duns 200.000 euros (ou incluso superar tal cantidade).
Ao parecer, os delincuentes que usurparon a conta bancaria do Concello de Cerdedo realizaron numerosas transferencias bancarias a partires das 17:00 horas do luns, ata onte pola mañá, sen que nin Concello nin entidade bancaria decatásense dos feitos. Ao notificarse o acontecido, bloqueouse a conta e identificouse ás entidades ás que se transferiron os cartos para poder investigar os feitos."
Información sacada de http://www.codigocero.com/Estafan-pola-Internet-ao-Concello
No hay comentarios:
Publicar un comentario