jueves, 1 de noviembre de 2012

Seminario sobre seguridade wireless no CNTG

Seminario sobre seguridade en redes wireless 
Día 30 de outubro de 9:30 a 13:30 horas

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar e impartido pola empresa Nextvision, o día 30 de outubro, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do centro un seminario técnico sobre seguridade en redes wireless.
O seminario introducirá aos asistentes nos diferentes tipos de redes inalámbricas, analizando as diferentes tecnologías existentes e os mecanismos de seguridade que se poden implementar en redes, tanto domésticas como corporativas.

Durante o desenvolvemento da xornada trataranse temas relacionados cos distintos tipos de redes inalámbricas existentes (PAN, LAN, MAN, WAN e Cellular Network), a especificación 802.11, a seguridade en redes wifi e a súa securización, o protocolo de autenticación RADIUS, ataques máis comúns, cifrado, WEP, WPA etc ..

A xornada vai dirixida preferentemente a administradores de IT e, en xeral, a perfís técnicos interesados en obter información e coñecementos relacionados con debilidades e ataques asociados a esta tecnoloxía, así como mecanismos de protección fronte aos mesmos.

O relator da xornada será Andrés Tarascó Acuña, experto en seguridade informática e hacking ético con máis de 10 anos de experiencia no eido da auditoría na que realizou traballos a nivel internacional no ámbito da seguridade da información. Desenvolve o seu traballo de seguridade informática en actividades relacionadas con test de intrusión, análise forense dixital, despregue de solucións IDS/IPS, avaliación de riscos tecnolóxicos en organizacións e no desenvolvemento de solucións de software orientadas a protexer e monitorizar as infraestruturas dos seus clientes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario